A USC sitúase nun lugar destacado na clasificación de produtividade da investigación das universidades españolas e europeas e ten unha posición relevante na valoración doutros indicadores como a captación de fondos para proxectos de I+D e de axudas FPI ou FPU, o número de artigos indexados no JCR ou as teses de doutoramento lidas. A actividade investigadora da USC, dado o seu carácter xeneralista, abranga todos os ámbitos do coñecemento.
A USC impulsa unha investigación de calidade de carácter multidisciplinar e intensiva xerando ideas e buscando solucións aos problemas que preocupan á sociedade, desde a nosa contorna máis próxima ata un ámbito global, baixo a concepción da investigación e a innovación como motor do desenvolvemento económico e social.