Skip to main content

Faíscas Culturais

Imaxinando a Manuela Rey: creación de biografías ilustradas e propostas escénicas para a infancia

05.10.2024 | 10.30h-12.30h

Santiago de Compostela
Campus Norte - Salón de Actos

A cuarta edición do programa Faíscas Culturais profunda, con intervencións artísticas, conferencias, encontros e unha representación teatral especial, na vida e obra de Manuela Rey

Faísca Manuela Rey is in da USC
Faísca Manuela Rey is in da USC

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. 

Na faísca 'Manuela Rey is in da USC' abordarase desde diferentes disciplinas os múltiples perfís da vida e obra de Manuela Rey, unha importante e descoñecida actriz nacida en 1842 no lugar da Valiña, na parroquia de San Vicente de Tigrás do concello de Mondoñedo.

Para motivar, para aprender e para coñecer quen era Manuela Rey, a Muller-Lirio, con todo o que era e representaba, como actriz, como autora, como migrante e tamén coa idea de identidade, retrato, icono, xénero, era imprescindible a participación da Facultade de Ciencias da Educación, da didáctica das Artes, de didácticas específicas. Todo o traballo que se desenvolverá nas aulas cristalizará en diferentes actos; un deles será 'Imaxinando a Manuela Rey: creación de biografías ilustradas e propostas escénicas para a infancia'.

Poderás ver esta faísca o día 10 de maio ás 10.30 horas no Salón de Actos da Facultade.

The contents of this page were updated on 02.15.2024.