Ir o contido principal
O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural
Faísca Manuela Rey is in da USC

O programa de Faíscas Culturais Manuela Rey is in da USC inclúese dentro da programación da Primavera Cultural, e terá lugar entre os meses de febreiro e maio desde ano 2024, nas facultades de Ciencias da Educación, Xeografía e Historia, Filoloxía e Medicina.

Dentro destas faíscas realizaranse intervencións artísticas, conferencias, encontros e unha representación especial para a comunidade universitaria do espectáculo 'Manuela Rey is in da house' o día 13 de marzo de 2024 no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

A elección destes centros responde ao interese de abordar desde diferentes disciplinas  os múltiples perfís da vida e obra desta importante e descoñecida actriz nacida en 1842 no lugar da Valiña, na parroquia de San Vicente de Tigrás do concello de Mondoñedo.

Manuela Rey, unha galega nada nunha parroquia de Mondoñedo, foi a grande estrela lisboeta de mediados do século XIX. Naceu no 1842 e finou aos 23 anos como primeira actriz do Teatro Dona María II da capital portuguesa,  deixando unha traxectoria vital e profesional aínda moi descoñecida.

O Centro Dramático Galego en coprodución co Teatro do Noroeste_CDV (Viana do Castela), co Teatro Nacional Sao Joao de Porto e co Teatro Nacional D. María II de Lisboa únense para poñer en valor e reivindicar a figura da alcumada como ‘muller lirio’. Con dramaturxia e dirección de Fran Núñez, director do CDG, un equipo artístico galego-portugués leva a escena o espectáculo 'Manuela Rey is in da house', estreado recentemente en Portugal e que en Galicia representarase o próximo 14 de marzo, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.03.2024.