
O catedrático do Departamento de Química Orgánica da USC e investigador Félix Freire Iribarne ofrece este mércores 20 de marzo ás 13.00 unha conferencia co título 'Química e gastronomía'. A charla é na Aula Magna da Facultade de Química e forma parte do ciclo de conferencias 'Reactiva a túa Química' que se desenvolve este curso.
A investigación do profesor Freire desenvólvese no ámbito dos polímeros helicoidales tanto covalentes como supramoleculares. O seu interese céntrase especialmente en determinar a estrutura secundaria dos mesmos, ademais de estudar os mecanismos que permiten alterar o sentido de pregamento ou elongación destes. Ademais de analizar a estrutura destes materiais tamén estuda a súa nanoestructuración e formación de materiais híbridos.

