Skip to main content

Ence ofrece 13 bolsas para enxeñeiros forestais da Escola Politécnica Superior do Campus Terra co programa Talento

Ainhoa Legarreta, na presentación do programa Talento de Ence a estudantes da Escola Politécnica Superior
Ainhoa Legarreta, na presentación do programa Talento de Ence a estudantes da Escola Politécnica Superior

A xefa de capital humano de Ence, Ainhoa Legarreta, presentou este mércores a estudantes e titulados en Enxeñaría Forestal na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC. Acompañada das enxeñeiras forestais Carmen Jorge e Lucía Ferreiro, que ser incorporaron ao plantel de Ence logo de participar no programa Talento, Legarreta explicou os obxectivos e as posibilidades de inserción laboral que ofrece Ence a través desta iniciativa de captación de novos talentos.

A responsable de capital humano de Ence sinalou neste senso que o programa Talento ofrece 13 bolsas para enxeñeiros/as forestais, a través das que a propia compañía pretende completar a formación do alumnado que vén de completar a titulación universitaria.

As bolsas que ofrece Ence a través do programa Talento permiten que o alumno teña un coñecemento horizontal en todos os departamentos da empresa durante 6 meses. Asemade, tal e como se puxo de manifesto na sesión celebrada este martes na Escola Politécnica Superior de Lugo, un terzo dos participantes neste programa na edición de 2016 continuaron a súa vinculación laboral con Ence a través da sinatura de contratos laborais.

The contents of this page were updated on 02.15.2017.