A Área de Cultura da USC promove intervencións en escaparates do casco histórico de Lugo coa iniciativa 'escaparArte', no marco do XXX Festival de Teatro Universitario

A Área de Cultura da USC mantén aberto ata o día 1 de abril o prazo de presentación de candidaturas para participar na iniciativa ‘escaparARTE’, un programa complementario do XXX Festival de Teatro Universitario, promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan a USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo. As intervencións artísticas desenvolveranse o 13 de abril, en quenda de 18.00 a 20.00 horas.
‘Escaparte’ está concibida como unha iniciativa participativa que propón intervencións artísticas en diversos escaparates do casco histórico da cidade de Lugo. As persoas interesadas pode solicitar información e facer chegar as súas propostas a través do enderezo de correo electrónico escapararte [at] usc.es (escapararte[at]usc[dot]es)