I Convocatoria para a creación de contidos dixitais formativos e de divulgación
A presente convocatoria ten por obxecto a creación e normalización de contidos e recursos formativos e de divulgación do persoal docente e investigador da USC, para a súa posterior difusión como contidos dixitais de alta calidade e con licenzas abertas a dispor da comunidade estudantil e a sociedade en xeral.
Para facilitar a súa elaboración desde o punto de vista técnico, os proxectos que resulten seleccionados, de entre os presentados polos participantes, serán trasladados á oficina de virtualización contratada pola USC ao abeiro do proxecto xOC dentro do plan UniDigital, para o seu tratamento segundo a súa orixe:
1. Normalización de contidos: adaptación e actualización de contidos xa existentes para o seu traslado e publicación nas novas ferramentas corporativas con licenza aberta.
2. Creación de novos contidos e recursos dixitais de calidade: deseño e formatación de novos contidos para a súa publicación nas ferramentas corporativas con licenza aberta.
A Vicerreitoría de Transformación Dixital e Innovación da USC impulsa esta iniciativa co obxectivo de contribuír ao cumprimento do Proxecto xOC e impulsar a educación dixital aberta. xOC é un proxecto colaborativo coas universidades da Coruña e de Vigo, liderado pola USC, cuxos obxectivos responden á liña de acción C21.I5 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, titulado «Modernización e dixitalización do sistema educativo, incluída a educación temperá 0 a 3 anos»; e cuxas actuacións se encadran na Liña 3 do RD 641/2021, do 27 de xullo: Contidos e programas de formación.
Documentos da convocatoria
- Corrección de erros Resolución definitiva da I Convocatoria para a creación de contidos dixitais formativos e de divulgación
- Resolución definitiva da I Convocatoria para a creación de contidos dixitais formativos e de divulgación
- Resolución provisional da I Convocatoria para a creación de contidos dixitais formativos e de divulgación
- Anexo 2: Aceptación das condicións de realización dos proxectos de creación de contidos dixitais para a docencia e a divulgación
Entidades Financiadoras
