Pasar al contenido principal

Convocatoria para a creación de contidos dixitais

I Convocatoria para a creación de contidos dixitais formativos e de divulgación

 

A presente convocatoria ten por obxecto a creación e normalización de contidos e recursos formativos e de divulgación do persoal docente e investigador da USC, para a súa posterior difusión como contidos dixitais de alta calidade e con licenzas abertas a dispor da comunidade estudantil e a sociedade en xeral.

 

Para facilitar a súa elaboración desde o punto de vista técnico, os proxectos que resulten seleccionados, de entre os presentados polos participantes, serán trasladados á oficina de virtualización contratada pola USC ao abeiro do proxecto xOC dentro do plan UniDigital, para o seu tratamento segundo a súa orixe:

 

1. Normalización de contidos: adaptación e actualización de contidos xa existentes para o seu traslado e publicación nas novas ferramentas corporativas con licenza aberta.

 

2. Creación de novos contidos e recursos dixitais de calidade: deseño e formatación de novos contidos para a súa publicación nas ferramentas corporativas con licenza aberta.

 

A Vicerreitoría de Transformación Dixital e Innovación da USC impulsa esta iniciativa co obxectivo de contribuír ao cumprimento do Proxecto xOC e impulsar a educación dixital aberta. xOC é un proxecto colaborativo coas universidades da Coruña e de Vigo, liderado pola USC, cuxos obxectivos responden á liña de acción C21.I5 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, titulado «Modernización e dixitalización do sistema educativo, incluída a educación temperá 0 a 3 anos»; e cuxas actuacións se encadran na Liña 3 do RD 641/2021, do 27 de xullo: Contidos e programas de formación.

 

Documentos da convocatoria

 

 

 

Entidades Financiadoras

Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia
Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia
Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.03.2025.