Skip to main content

Encontros na Zona USC - Campus de Lugo

2/4/2024 - 10.30 horas

Biblioteca Intercentros

Estudantes de ensino medio de toda Galicia visitan os centros do Campus de Lugo os días 2 e 3 de abril

Estudantes de ensino medio no auditorio de Veterinaria
Estudantes de ensino medio no auditorio de Veterinaria

Estudantes de ensino medio de toda Galicia poderán visitar os centros do Campus de Lugo os días 2 e 3 de abril, ao abeiro do programa Encontros na Zona USC. O punto de partida das visitas, que comezarán ás 10.30 horas, será a Biblicoteca Intercentros.

A mocidade que participe nestas visitas, organizadas desde o programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, poderán completar ata sete percorridos temáticos diferentes pola sede universitaria luguesa, en función das súas preferencias. Pola tarde, o alumnado interesado tamén poderá participar nunha visita á Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay.

As visitas permitirán ao alumnado de ensino medio coñecer as as instalacións docentes e os laboratorios de investigación, ao tempo que tamén se ofrecerá información sobre as distintas titulacións aos futuros universitarios.

A información referida a este programa de visitas está accesibles na web https://www.usc.gal/aponte/encontros-usc-lugo-santiago.

The contents of this page were updated on 03.25.2024.