Estudantes de ensino medio de toda Galicia visitan os centros do Campus de Lugo os días 2 e 3 de abril

Estudantes de ensino medio de toda Galicia poderán visitar os centros do Campus de Lugo os días 2 e 3 de abril, ao abeiro do programa Encontros na Zona USC. O punto de partida das visitas, que comezarán ás 10.30 horas, será a Biblicoteca Intercentros.
A mocidade que participe nestas visitas, organizadas desde o programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC, poderán completar ata sete percorridos temáticos diferentes pola sede universitaria luguesa, en función das súas preferencias. Pola tarde, o alumnado interesado tamén poderá participar nunha visita á Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay.
As visitas permitirán ao alumnado de ensino medio coñecer as as instalacións docentes e os laboratorios de investigación, ao tempo que tamén se ofrecerá información sobre as distintas titulacións aos futuros universitarios.
A información referida a este programa de visitas está accesibles na web https://www.usc.gal/aponte/encontros-usc-lugo-santiago.