Skip to main content

Toma de posesión de Gonzalo Fernández Suárez como decano de Humanidades

04.30.2024 | 11.00h

Lugo
Salón de Actos

Facultade de Humanidades. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Humanidades. FOTO: Santi Alvite

Este martes 30 de abril terá lugar o acto institucional de toma de posesión do decano da Facultade de Humanidades, Gonzalo Francisco Fernández Suárez, que se desenvolverá a partir das 11.00 horas no Salón de Actos do centro. Estará presidido polo reitor Antonio López e tamén asistirá a secretaria xeral da USC, Dulce María García Mella.

Gonzalo Fernández, profesor da área de Ciencias e Técnicas Historiográficas do Departamento de Historia da USC, renova así o seu mandato como decano da Facultade de Humanidades, tras resultar reelixido nas eleccións do 11 de outubro. O profesor da área de Lingüística Xeral Miguel González Pereira, en calidade de vicedecano, e a tamén docente da área de Historia da Arte Miriam Elena Cortés López, como secretaria, continúan tamén como membros do equipo de goberno.

The contents of this page were updated on 04.29.2024.