Skip to main content

Sesión ordinaria do Claustro Universitario

05.13.2024 | 09.30h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Dereito. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Dereito. FOTO: Santi Alvite

O Claustro Universitario reunirase en sesión ordinaria o luns 13 de maio de 2024 ás 9.30 horas en primeira convocatoria no Salón de Actos da Facultade de Dereito. Poderase seguir en liña. A orde do día comeza coa aprobación, se procede, da acta da sesión anterior; os seguintes puntos son as presentacións do informe do valedor da comunidade universitaria do curso 2022-2022 e do informe de xestión 2022-2023.

A continuación votarase a aprobación, se procede, do Plan de Accións de Normalización Lingüística 2024-2026. Continuarase co debate e aprobación, se procede, das propostas presentadas e abordarase a elección de representantes de estudantes na Mesa do Claustro, no Consello de Goberno e nas Comisións do Claustro. Tras o informe do reitor terá lugar a rolda aberta de intervencións.

O Claustro elixe de entre os membros da comunidade universitaria os integrantes da Comisión de Asesoramento e Axuda ao Valedor e neste claustro elixiranse os dous representantes do estudantado polo que as persoas interesadas poderán presentar a candidatura en instancia individualizada dirixida ao reitor a través do Rexistro Electrónico ata as 12.00 horas do día 7 de maio.

The contents of this page were updated on 05.10.2024.