05.15.2024 | 11.00h
A sesión profundará no mercado da vivenda en España

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolle o mércores 15 a presentación do Informe Anual do Banco de España nunha sesión que dará comezo ás 11.00 horas e que contará coas intervencións de Carlos Thomas e Roberto Blanco do Banco de España, e o profesor da USC e decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, Roberto Bande. Logo da presentación xeral do informe, afondarase de xeito máis específico no mercado da vivenda en España.