Pasar al contenido principal

Presentación do Informe Anual do Banco de España

15.05.2024 | 11.00h

A sesión profundará no mercado da vivenda en España

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. FOTO: Santi Alvite

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais acolle o mércores 15 a presentación do  Informe Anual do Banco de España  nunha sesión que dará comezo ás 11.00 horas e que contará coas intervencións de Carlos Thomas e Roberto Blanco do Banco de España, e o profesor da USC e decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, Roberto Bande. Logo da presentación xeral do informe, afondarase de xeito máis específico no mercado da vivenda en España.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.05.2024.