Skip to main content

Prácticas Académicas Externas (PAE)

Enténdense por prácticas curriculares aquelas que, ao mesmo tempo que melloran a formación do estudantado en determinados aspectos prácticos e profesionais, proporcionan créditos ECTS computábeis para a obtención do título de mestrado.

O alumnado pode acceder ás prácticas curriculares a través de dúas vías:

  1. solicitando realizalas en empresas/entidades/grupos, etc. presentes no catálogo de prácticas do MELC nos prazos indicados no calendario consultábel nesta mesma páxina web. As solicitudes, no prazo previsto no calendario, serán enviadas ao coordinador do título.
  2. solicitando realizalas en empresas/entidades/grupos, etc. que non estean presentes no catálogo de prácticas do MELC. Nesta segunda opción, o alumnado deberá realizar os contactos previos e alcanzar un acordo verbal coa/co responsábel da empresa/entidade/grupo etc. do seu interese. Acadado este acordo, comunicarallo á Prof.ª María José Alonso Veloso, coordinadora de prácticas do MELC, quen realizará todos os trámites necesarios para asinar o conveni, entre a devandita empresa/entidade/grupo etc. e a USC, necesario para a efectiva realización das prácticas. Neste caso, o alumnado promotor non deberá sometarse ao proceso de adxudicación de prácticas indicado no apartado anterior, senón que obterá directamente unha praza para realizalas na empresa/entidade/grupo etc. do seu interese.

Nota importante: No momento de inscribirse, o alumnado debe matricularse de todas as materias correspondentes: obrigatorias comúns, optativas vinculadas ao itinerario, optativas do itinerario e TFM. Cando cara ao final do primeiro cuadrimestre se abra o período de solicitudes de prácticas, o alumnado ao que se lle asignen prácticas procederá a substituír libremente dúas materias optativas do itinerario (3ECTS + 3ECTS) pola práctica correspondente (6ECTS). Para isto, a Unidade de Xestión Académica do Campus Norte habilitará no seu momento un período especial de modificación de matrícula.

Coordinadora de prácticas externas: Prof.ª María José Alonso Veloso. Despacho: 304. Enderezo electrónico: mariajose.alonso [at] usc.gal (mariajose[dot]alonso[at]usc[dot]gal) Teléfono: 881811861. Titorías: concertar cita previamente a través do correo electrónico.

The contents of this page were updated on 08.23.2025.