O alumnado pode acceder ás prácticas curriculares a través de dúas vías:
- solicitando realizalas en empresas/entidades/grupos, etc. presentes no catálogo de prácticas do MELC nos prazos indicados no calendario consultábel nesta mesma páxina web. As solicitudes, no prazo previsto no calendario, serán enviadas ao coordinador do título.
- solicitando realizalas en empresas/entidades/grupos, etc. que non estean presentes no catálogo de prácticas do MELC. Nesta segunda opción, o alumnado deberá realizar os contactos previos e alcanzar un acordo verbal coa/co responsábel da empresa/entidade/grupo etc. do seu interese. Acadado este acordo, comunicarallo á Prof.ª María José Alonso Veloso, coordinadora de prácticas do MELC, quen realizará todos os trámites necesarios para asinar o conveni, entre a devandita empresa/entidade/grupo etc. e a USC, necesario para a efectiva realización das prácticas. Neste caso, o alumnado promotor non deberá sometarse ao proceso de adxudicación de prácticas indicado no apartado anterior, senón que obterá directamente unha praza para realizalas na empresa/entidade/grupo etc. do seu interese.
Coordinadora de prácticas externas: Prof.ª María José Alonso Veloso. Despacho: 304. Enderezo electrónico: mariajose.alonso [at] usc.gal (mariajose[dot]alonso[at]usc[dot]gal) Teléfono: 881811861. Titorías: concertar cita previamente a través do correo electrónico.