Skip to main content

Pola Biodiversidade

O "MANIFESTO DE OPOSICIÓN A UNHA MACRO-CELULOSA EN GALICIA ("ALTRI NON") DESDE A COMUNIDADE CIENTÍFICA" visibiliza o desconforto e a desconformidade de grande parte da comunidade científica co proxecto que a empresa Altri pretende levar a cabo en Galicia. Este manifesto foi aprobado democraticamente por Departamentos, Xuntas de Facultade e Centros de Investigación durante o ano 2024. As sinaturas e datas do acordo pódense encontrar nesta páxina web.

 

A elaboración deste manifesto comezou a iniciativa de investigadores dos grupos "Análise e Conservación da Biodiversidade" e "Biodiversidade, Bioxeografía e Conservación Integrativa". Posteriormente foi sometido a votación nos órganos de autogoberno asinantes, os cales representan a práctica totalidade das unidades de investigación relacionadas co medioambiente e a diversidade biolóxica en Galicia. Este nivel de unidade e acordo no ámbito investigador e académico fronte un proxecto industrial nocivo para o medioambiente non ten precedente en Galicia.

The contents of this page were updated on 03.19.2025.