Skip to main content

Información

Información sobre o Manifesto de oposición a unha Macro-Celulosa en Galicia desde a comunidade científica

Información xeral

O "MANIFESTO DE OPOSICIÓN A UNHA MACRO-CELULOSA EN GALICIA ("ALTRI NON") DESDE A COMUNIDADE CIENTÍFICA" pretende visibilizar o desconforto e a desconformidade de grande parte da comunidade científica co proxecto que a empresa Altri pretende levar a cabo en Galicia.

A elaboración deste manifesto comezou a iniciativa de varios profesores das áreas de Botánica, Ecoloxía e Zooloxía da Universidade de Santiago de Compostela. As primeiras versións foron revisadas por un amplo número de investigadores de diferentes áreas de coñecemento das tres universidades galegas e do CSIC, e os seus comentarios foron engadidos ao mesmo. 

Cómo formalizar a adhesión

A versión definitiva, recollida nesta páxina web, está a disposición de calquera investigador que queira promover a súa aprobación no seu Departamento, Xunta de Facultade/Escola ou Centro de Investigación, xa que o obxectivo final deste manifesto é sumar o maior número de apoios institucionais posibles. Tamén poden adherirse ao manifesto asociacións de carácter científico.

Os  Departamentos/Xuntas de Facultade/Centros de Investigación que aproben a súa adhesión ao manifesto, poderán comunicala na dirección altri.non [at] grupos.nube.usc.gal (altri[dot]non[at]grupos[dot]nube[dot]usc[dot]gal). Para isto teñen que enviar o manifesto asinado polo órgano de goberno correspondente ou, alternativamente, poden comunicar a súa adhesión desde a conta institucional do mesmo. 

As sinaturas e datas do acordo serán engadidas ao final deste manifesto nesta páxina web. 

A difusión do manifesto e das adhesións ao mesmo poderá ser feita facendo referencia a esta páxina web (https://www.usc.gal/gl/investigar-na-usc/grupos/bibici/biodiversidade) por calquera persoa que estea interesada en dar a coñecer a oposición da comunidade científica a unha macro-celulosa en Galicia.

Documentos de interese:

Outros acordos institucionais:

  • Manifesto en defensa da flora serpentinítica ameazada pola instalación de Altri (aprobado pola Xunta de Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela con data 19 de xuño de 2024)

Outros informes de investigadores contrarios ao proxecto de Altri en Galicia:

Correo electrónico de contacto:

altri.non [at] grupos.nube.usc.gal (altri[dot]non[at]grupos[dot]nube[dot]usc[dot]gal)

The contents of this page were updated on 03.19.2025.