Toda a información sobre o MELC fórnecese tanto na web institucional coma na web propia. En caso de persistir algunha dúbida, debe dirixirse a algunha das persoas listadas segundo a súa responsabilidade.
- Coordinador do Título. Prof. César Domínguez. Enderezo electrónico: cesar.dominguez [@] usc.gal Teléfono: 881811801. Horario de atención.
- Segundo se define no Regulamento das titulacións oficiais de grao e mestrado universitario da USC, son funcións do coordinador do título liderar o mestrado, actuar en representación do título, coordinar os procesos de calidade, coordinar os procesos de organización académica e trasladar a información que proceda á dirección da Facultade de Filoloxía (Artigos 12 e 13). En consecuencia, o coordinador do título non intervén en ningún momento nos procesos de preinscrición, selección ou matrícula no mestrado, polo que, para calquera asunto ou dúbida sobre estes trámites, deben poñerse en contacto con algún dos cargos administrativos que se detallan a continuación.
- Unidade de Xestión Académica do Campus Norte. Enderezo electrónico: uxa.norte [at] usc.gal (uxa[dot]norte[at]usc[dot]gal) Teléfonos.
- Son os servizos responsábeis das cuestións de matrícula, pagamento de taxas e demais procedementos administrativos derivados do estudo no MELC.
- Oficina de Captación Internacional. Enderezo electrónico: study.abroad [at] usc.gal (study[dot]abroad[at]usc[dot]gal) Teléfono: 881812899 e 881812873.
- Dende a OCI proporciónase ao alumnado estranxeiro información e axuda co proceso de preinscrición e matrícula no mestrado.
- Oficina de Información Universitaria. Enderezo electrónico: oiu [at] usc.es (oiu[at]usc[dot]es) Teléfono: 881812000.
- Dende a OIU proporciónase ao alumnado doméstico información e axuda co proceso de preinscrición e matrícula no mestrado.
- Xestora do Centro e Vicedecana da Facultade de Filoloxía. Rosalía Meitín. Enderezo electrónico: rosalia.meitin [@] usc.es.
- Para cuestións relacionadas con actas e outros trámites administrativos.
- Prácticas Académicas Externas. Prof.ª María José Alonso Veloso. Enderezo electrónico: mariajose.alonso [@] usc.es Teléfono: 881811861.