09.18.2024 | 18.00h
Comeza unha nova edición do Ciclo de Cinema Filosófico

O Ciclo de Cinema Filosófico que organiza cada curso o Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía retoma as súas sesións este mércores 18 ás 18:00h no Salón de Actos da Facultade de Filosofía.
Nesta ocasión proxectarase, en versión orixinal, o filme ‘Dr. Strangelove or: How I Learned to Stop Worrying and Love the Bomb’ (1964), de Stanley Kubrick. A entrada é de balde ata completar aforo.
Trátase dunha actividade do proxecto ‘Cultura en Mazarelos’ da Facultade de Filosofía que conta cunha axuda da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC e ten un recoñecemento de dous créditos ECTS para todo o alumnado da USC.