Dirixido a: entidades membros da Rede Interdisciplinar de Investigación Educativa (RETINDE).
Posibilidades de asistencia: presencial.
Idioma: o idioma oficial do congreso será o Español.
Envío de comunicacións: as comunicacións teñen como obxecto ser base para a conversación e a análise da investigación en educación desde a mirada das persoas participantes.
Poderanse enviar traballos en base ás seguintes liñas:
- Problemas, limitacións e avances na investigación educativa.
- As achegas das redes á investigación educativa.
- O papel das redes de investigación nas políticas educativas.
- A transdisciplina na investigación educativa.
- Achegas das diferentes áreas de coñecemento.
As comunicacións serán presentadas en horario de mañá, o día 29 de novembro, nun formato de diálogo compartido. A organización das mesas publicarase proximamente. Cada comunicación dispoñerá de 3 a 5 minutos para a súa exposición. Posteriormente levarase a cabo un diálogo compartido moderado pola coordinación de cada mesa.
Publicación dos traballos: as comunicacións serán publicadas nun Libro de Actas en acceso aberto, que contará con ISBN.
Certificados: emitiráse un certificado de asistencia a todas as persoas asistentes e un certificado común de asistencia e envío de comunicación as que presenten comunicación.
Contacto: retinde.santiago [at] usc.gal (retinde[dot]santiago[at]usc[dot]gal)