Ir o contido principal

Participación no encontro

Participación no encontro

Dirixido a: entidades membros da Rede Interdisciplinar de Investigación Educativa (RETINDE). 

Posibilidades de asistencia: presencial. 

Idioma: o idioma oficial do congreso será o Español. 

Envío de comunicacións: as comunicacións teñen como obxecto ser base para a conversación e a análise da investigación en educación desde a mirada das persoas participantes.

Poderanse enviar traballos en base ás seguintes liñas: 

  • Problemas, limitacións e avances na investigación educativa. 
  • As achegas das redes á investigación educativa. 
  • O papel das redes de investigación nas políticas educativas. 
  • A transdisciplina na investigación educativa. 
  • Achegas das diferentes áreas de coñecemento. 

As comunicacións serán presentadas en horario de mañá, o día 29 de novembro, nun formato de diálogo compartido. A organización das mesas publicarase proximamente. Cada comunicación dispoñerá de 3 a 5 minutos para a súa exposición. Posteriormente levarase a cabo un diálogo compartido moderado pola coordinación de cada mesa.

Publicación dos traballos: as comunicacións serán publicadas nun Libro de Actas en acceso aberto, que contará con ISBN. 

Certificados: emitiráse un certificado de asistencia a todas as persoas asistentes e un certificado común de asistencia e envío de comunicación as que presenten comunicación. 

Contacto: retinde.santiago [at] usc.gal (retinde[dot]santiago[at]usc[dot]gal) 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.11.2024.