RETINDE é unha rede de asociacións, sociedades científicas e redes de grupos de investigación vinculados á investigación educativa creada en 2016 a partir de dezaseis entidades fundadoras. Os obxectivos que persegue a Rede Transdisciplinar de Investigación Educativa son os seguintes:
- Contribuír á mellora da investigación educativa e o seu impacto na sociedade, a práctica educativa e o coñecemento científico.
- Favorecer a vinculación da investigación coa acción dos e as profesionais e a práctica educativa
- Promover a colaboración entre as asociacións, sociedades e redes vinculadas a RETINDE e desta con outras externas e internacionais.
- Fomentar a presenza da investigación educativa na sociedade.
- Converterse nun interlocutor recoñecido fronte ás administracións.
Neste terceiro encontro, preténdese continuar o traballo desenvolvido en Madrid e Barcelona contribuíndo ao fortalecemento da REDE e creando lazos que nos afiance como colectivo. Concretamente este encontro pretende:
- Promover un espazo de intercambio e foro de debate de ideas entre os membros que conforman a Rede.
- Axudar a profundar as sinerxias de colaboración vixentes para seguir desenvolvendo a Rede.
- Identificar propostas de accións futuras da REDE.
Como en ocasións anteriores, este encontro será totalmente gratuíto para os asistentes. As achegas de cada participante servirán de base para debater, analizar e profundar sobre os desafíos, limitacións e posibilidades da investigación educativa neste momento histórico.
Cartaz:

Máis información
DATAS CELEBRACIÓN ENCONTRO: 28 e 29 de novembro de 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN
Prazo de inscrición: ata o 31 de outubro de 2024 (ampliación ata o 8 de novembro)
Ligazón para inscribirse: no apartado inscrición
PRAZO ENVÍO DE COMUNICACIÓNS
- Límite de prazo envío de comunicacións: 31 de outubro de 2024 (ampliación ata o 8 de novembro)
- Data límite aceptación de comunicacións: 11 de novembro de 2024
Lugar da cea: Casal do Cabildo
Dirección: Rúa de San Pedro, 18, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña
Prezo menú: 25 euros
Prezo visita guiada: 6 euros
O pago da visita deberá facerse en efectivo o primeiro día do encontro (entregaráse as persoas responsables da lista de firmas de asistencia)