Skip to main content

III Encontro RETINDE (Rede Transdisciplinar de Investigación Educativa)

RETINDE é unha rede de asociacións, sociedades científicas e redes de grupos de investigación vinculados á investigación educativa creada en 2016 a partir de dezaseis entidades fundadoras. Os obxectivos que persegue a Rede Transdisciplinar de Investigación Educativa son os seguintes:

  • Contribuír á mellora da investigación educativa e o seu impacto na sociedade, a práctica educativa e o coñecemento científico.
  • Favorecer a vinculación da investigación coa acción dos e as profesionais e a práctica educativa
  • Promover a colaboración entre as asociacións, sociedades e redes vinculadas a RETINDE e desta con outras externas e internacionais.
  • Fomentar a presenza da investigación educativa na sociedade.
  • Converterse nun interlocutor recoñecido fronte ás administracións.

Neste terceiro encontro, preténdese continuar o traballo desenvolvido en Madrid e Barcelona contribuíndo ao fortalecemento da REDE e creando lazos que nos afiance como colectivo. Concretamente este encontro pretende:

  • Promover un espazo de intercambio e foro de debate de ideas entre os membros que conforman a Rede.
  • Axudar a profundar as sinerxias de colaboración vixentes para seguir desenvolvendo a Rede.
  • Identificar propostas de accións futuras da REDE.

Como en ocasións anteriores, este encontro será totalmente gratuíto para os asistentes. As achegas de cada participante servirán de base para debater, analizar e profundar sobre os desafíos, limitacións e posibilidades da investigación educativa neste momento histórico.

Cartaz:

Cartaz

Máis información

DATAS CELEBRACIÓN ENCONTRO: 28 e 29 de novembro de 2024

PRAZO DE INSCRICIÓN  

Prazo de inscrición: ata o 31 de outubro de 2024 (ampliación ata o 8 de novembro)

Ligazón para inscribirse: no apartado inscrición

PRAZO ENVÍO DE COMUNICACIÓNS 

  • Límite de prazo envío de comunicacións: 31 de outubro de 2024 (ampliación ata o 8 de novembro)
  • Data límite aceptación de comunicacións: 11 de novembro de 2024 

Lugar da cea: Casal do Cabildo 

Dirección: Rúa de San Pedro, 18, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña 

Prezo menú: 25 euros 

Prezo visita guiada: 6 euros 

O pago da visita deberá facerse en efectivo o primeiro día do encontro (entregaráse as persoas responsables da lista de firmas de asistencia)

Contacto

Sede

Facultade de Ciencias da Educación, Campus Vida

Address
Rúa Prof. Vicente Fráiz Andón, s/n, 15782, Santiago de Compostela
Email
retinde.santiago@usc.gal

The contents of this page were updated on 11.05.2024.