Skip to main content

I Coloquio Compostelán de estudos sobre a Guerra

10.08.2024 | 10.00h

Santiago de Compostela
Salón de actos da Facultade de Filosofía

Promovido por dous estudantes do Mestrado en Historia Contemporánea do pasado

Cartel do coloquio
Cartel do coloquio

Os avances nos estudos bélicos na historiografía contribuíron nas últimas décadas a enxergar a guerra dende ángulos diferentes, dende os sociais e culturais ata as visións tradicionais centradas na política da retagarda  as operacións bélicas. Isto levou a dous estudantes do Mestrado en Historia Contemporánea do pasado curso académico, apoiados polos grupos de investigación da área de Historia Contemporánea Hispona e Histagra, a propor un coloquio internacional que reunise diferentes voces e perspectivas.

Deste xeito, o 8 de outubro no Salón de actos da facultade de Filosofía, os grupos de investigación da USC HISPONA e HISTAGRA organizan o I Coloquio Compostelán de estudos sobre a Guerra. Nel participarán especialistas europeos como Robert J. Gerwarth, da University College Dublin; Assumpta Castillo, da Universidade de Girona; Antonio Miguez, Xosé Manoel Núñez Seixas, Fernando J. Sapiña e Alfonso Iglesias Amorín, da USC; Stephanie Wright, da Universidade de Lancaster; Arturo Zoffmann, da Universidade Nova de Lisboa, e Magdalini Fytili, da Universidade Autónoma de Barcelona.

Arredor do fío común da historia sociocultural da guerra, búscase ofrecer un achegamento rigoroso aos estudos da guerra, sintético e accesíbel.  Nesta primeira edición os eixes temáticos son a(s) violencia(s), as súas secuelas e os procesos de desmobilización nos conflitos bélicos e as posguerras europeas, as dinámicas de revolución social que acompañaron as guerras civís europeas entre 1917/18 e 1949 e mais a guerra colonial de Marrocos.

The contents of this page were updated on 09.24.2024.