Skip to main content

Relatorio ‘Tod@s xunt@s no proceso de transformación para as cidades sustentábeis? Avaliación da participación cidadá en Bonn, Alemaña’

10.17.2024 | 19.30h

Santiago de Compostela
Aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia

A nova programación do Seminario de Futuros Urbanos do Grupo ANTE inaugúraa a investigadora Juliane Dame

A charla será ás 19:30 horas na Aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia
A charla será ás 19:30 horas na Aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia

O Seminario de Futuros Urbanos do Grupo ANTE retoma a súa programación este xoves 17 coa participación da profesora e investigadora posdoutoral da Universidade de Bonn (Alemaña) Juliane Dame, que pronunciará o relatorio ‘Tod@s xunt@s no proceso de transformación para as cidades sustentábeis? Avaliación da participación cidadá en Bonn, Alemaña’. A charla será ás 19:30 horas na Aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia.

Juliane Dame é doutora en Xeografía pola Universidade de Heidelberg. A súa investigación céntrase en temas de inseguridade hídrica, gobernanza ambiental, adaptación ás alteracións climáticas, xustiza alimentar e desenvolvemento urbano. Realizou a súa tese de doutoramento sobre seguridade alimentaria nas Himalaias e dirixiu un grupo de investigación interdisciplinar no Heidelberg Center for the Environment (HCE) explorando a gobernanza da auga en rexións áridas da India e Chile.

Interveu ademais como investigadora principal en dous proxectos de avaliación sobre a participación cidadá en procesos de transición urbana sustentable na cidade de Bonn dos que falará na súa charla.

Cartel do evento
Cartel do evento
The contents of this page were updated on 10.17.2024.