Skip to main content

Ciclo de Cinema Filosófico

Proxección de 'Society'

10.29.2024 | 18.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite

A vindeira sesión do Ciclo de Cinema Filosófico, organizado polo Cineclube Mazarelos da Facultade de Filosofía, será este martes 29 de outubro ás 18.00 horas no Salón de Actos do centro. Vaise proxectar o filme 'Society' (1989), unha película de body-horror do director estadounidense Brian Yuzna (VOSE), que será presentada por Javier Parra.

Javier Parra é graduado en Historia pola Universitat de Barcelona e estudou un mestrado en Estudos de Cinema e Audiovisual Contemporáneo na Universitat Pompeu Fabra. É crítico de cinema con experiencia en festivais como programador e xurado e autor de libros como La madre terrible en el cine de terror (Hermenaute, 2020), Scream Queer. La representación LGTBIQ+ en el cine de terror (Dos Bigotes, 2021) e Scream Queer 2. La venganza (Dos Bigotes, 2024).

Esta é unha actividade do proxecto Cultura en Mazarelos da Facultade de Filosofía, a cal conta cunha axuda da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC e cun recoñecemento de dous créditos ECTS para todo o estudantado da USC. Entrada de balde ata completar a capacidade do espazo. 

Cartel da película
Cartel da película
The contents of this page were updated on 10.29.2024.