Salón Nobre

A Universidade de Santiago de Compostela e o Foro Económico de Galicia renderán o mércores 11 unha homenaxe ao economista Fernando González Laxe, catedrático emérito da Universidade da Coruña e ex presidente da Xunta de Galicia. O acto dará comezo cun café e a cerimonia propiamente dita será ás 11.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
O evento, que estará presidido polo reitor Antonio López, abrirao a profesora da USC, que dará paso ao presidente e ao director do Foro, Emilio Pérez Nieto e Santiago Lago Peñas, respectivamente.
A catedrática da USC María X. Rodríguez Galdo intervirá para explicar a traxectoria biográfica do profesor Gonzaléz Laxe e a continuación tomará a palabra o tamén ex presidente da Xunta de Galicia e compañeiro na Facultade compostelá, Emilio Pérez Touriño.
O acto proseguirá coa conferencia Un cuarto de século do BCE: Inflación e independencia, dous temas entre outros moitos, a cargo de José Manuel González-Páramo, a quen lle seguirá a intervención do propio González Laxe.