Pasar al contenido principal

Acto de homenaxe ao profesor Fernando González Laxe

11.12.2024 | 10.30h

Salón Nobre

O acto será no Colexio de Fonseca
O acto será no Colexio de Fonseca

A Universidade de Santiago de Compostela e o Foro Económico de Galicia renderán o mércores 11 unha homenaxe ao economista Fernando González Laxe, catedrático emérito da Universidade da Coruña e ex presidente da Xunta de Galicia. O acto dará comezo cun café e a cerimonia propiamente dita será ás 11.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.

O evento, que estará presidido polo reitor Antonio López, abrirao a profesora da USC, que dará paso ao presidente e ao director do Foro, Emilio Pérez Nieto e Santiago Lago Peñas, respectivamente.

A catedrática da USC María X. Rodríguez Galdo intervirá para explicar a traxectoria biográfica do profesor Gonzaléz Laxe e a continuación tomará a palabra o tamén ex presidente da Xunta de Galicia e compañeiro na Facultade compostelá, Emilio Pérez Touriño.

O acto proseguirá coa conferencia Un cuarto de século do BCE: Inflación e  independencia, dous temas entre outros moitos, a cargo de José Manuel González-Páramo, a quen lle seguirá a intervención do propio González Laxe.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.12.2024.