Skip to main content

As condicións dos migrantes e a nosa vida cotiá. Reflexións dende Almería

Conferencia: Que hai detrás dos tomates?

04.07.2025 | 19.30h-21.00h

Rúa San Agostiño, 2
Salón do Actos do Colexio Maior San Agustín

Segunda conferencia do ciclo organizado pola delegación de Santiago de Compostela de a ONG Entreculturas, unha inicitativa que busca sensibilizar e xerar espazos de reflexións sobre cuestións e problemáticas que afectan á sociedade actual e futuras xeracións e a relevancia da cooperación internacional como instrumento para favorecer a igualdade e a defensa dos dereitos humanos.

Relatorio ONG Entreculturas
Que hai detrás dos tomates?

O relatorio correrá a cargo de Daniel Izuzquiza, Director da Delegación de Almería do Servizo Xesuíta a Migrantes España (SJM-E). O seu labor céntrase en acompañar, servir e defender á poboación migrante máis vulnerable, en especial ás xornaleiras e xornaleiros do sector hortofrutícola e residentes en asentamentos chabolitstas nos campos de Níjar.

Abordará aspectos clave como as causas e consecuencias da emigración, os desafíos aos que se enfrontan as persoas migrantes na súa integración social e laboral, e o impacto das políticas migratorias no seu día a día.
Así mesmo, analizará como as comunidades de acollida poden desempeñar un papel fundamental na construción dunha sociedade máis inclusiva e solidaria.

 

The contents of this page were updated on 04.04.2025.