Salón do Actos do Colexio Maior San Agustín
Segunda conferencia do ciclo organizado pola delegación de Santiago de Compostela de a ONG Entreculturas, unha inicitativa que busca sensibilizar e xerar espazos de reflexións sobre cuestións e problemáticas que afectan á sociedade actual e futuras xeracións e a relevancia da cooperación internacional como instrumento para favorecer a igualdade e a defensa dos dereitos humanos.

O relatorio correrá a cargo de Daniel Izuzquiza, Director da Delegación de Almería do Servizo Xesuíta a Migrantes España (SJM-E). O seu labor céntrase en acompañar, servir e defender á poboación migrante máis vulnerable, en especial ás xornaleiras e xornaleiros do sector hortofrutícola e residentes en asentamentos chabolitstas nos campos de Níjar.
Abordará aspectos clave como as causas e consecuencias da emigración, os desafíos aos que se enfrontan as persoas migrantes na súa integración social e laboral, e o impacto das políticas migratorias no seu día a día.
Así mesmo, analizará como as comunidades de acollida poden desempeñar un papel fundamental na construción dunha sociedade máis inclusiva e solidaria.