
En función das necesidades de cada estudante a USC ofrécelle os apoios de carácter académico ou técnicos necesarios, sempre de carácter personalizado e segundo a súa diversidade. No plano académico, logo dunha entrevista persoal, defínense as adaptacións curriculares non significativas, a aplicar en cada caso.
De acordo cos principios de igualdade de oportunidades, as adaptacións son axustes razoables para afrontar os retos de aprendizaxe en condicións semellantes ao resto dos estudantes, sen que iso deba supoñer unha diminución do nivel académico esixido.
As adaptacións para os exames deberán pedirse con antelación, sen agardar a que remate o período lectivo, salvo causas excepcionais debidamente xustificadas.
Podes enviar a solicitude de adaptacións a través do formulario dispoñible na web ou na secretaría virtual. Na solicitude debes indicar as materias do primeiro semestre e o profesorado que coordina cada materia. As materias do segundo semestre deberás confirmalas, necesariamente, durante o mes de xaneiro.
No caso de realizar unha modificación de matrícula deberás informar ao SEPIU da necesidade de comunicar as adaptacións ao profesorado da nova materia.
Se necesitas consultar calquera dúbida antes de facer a solicitude, podes reservar unha cita por teléfono ou a través da aplicacion de resevas, no apartado de tramitación.
Prazo de solicitudes
Podes realizar a túa solicitude a partir do 18 de agosto de 2025.
No caso de realizar a solicitude por primeira vez deberás ter activada túa conta de usuario [nome.apelido [at] rai.usc.gal (nome[dot]apelido[at]rai[dot]usc[dot]gal) ]
Requisitos xerais
- Presentar a solicitude con todos os datos necesarios.
- Reservar unha entrevista individual no Campus de Santiago ou no Campus de Lugo, segundo corresponda.
- Acudir as entrevistas programadas no SEPIU.
- Realizar as titorías marcadas no prazo de dúas semanas desde a entrevista no SEPIU.
- Comunicar os cambios de materias cando se realice unha modificación da matrícula nos prazos establecidos no calendario oficial.
Documentación
- Informe médico oficial, informe psicolóxico e/ou informe psicopedagóxico.
- Ditame técnico facultativo, cando se teña recoñecida unha condición de discapacidade.
- Informe das adaptacións nas probas de acceso á universidade, se as houber.
No caso de pedir a renovación das adaptacións deberás presentar a túa solicitude para o curso 2025/2026. Unicamente, será necesario volver a presentar a documentación, cando existan cambios importantes na situación persoal que así o xustifiquen. Cando sexa necesario modificar as adaptacións tamén será necesario acudir a unha nova entrevista.
Servizo de Participación e Inclusión Universitaria
- SEPIU. Pavillón de Estudantes
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 812 859
- 881 812 858
- sepiu.santiago [at] usc.gal
Servizo de Participación e Inclusión Universitaria
- SEPIU. Edificio Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 823 594
- sepiu.lugo [at] usc.gal