Skip to main content

Celebración do Día do Traballo en Relacións Laborais

04.25.2025 | 12.00h

Salón de Graos

O ex presidente do Tribunal Constitucional, Francisco Pérez de los Cobos Orihuel, pronunciará a conferencia 'O recurso de amparo: luces e sombras'

Facultade de Relacións Laborais
Facultade de Relacións Laborais

A Facultade de Relacións Laborais celebrará o 25 de abril o Día do Traballo cunha conferencia do ex presidente do Tribunal Constitucional e catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade Complutense, Francisco Pérez de los Cobos Orihuel, co título O recurso de amparo: luces e sombras.

O acto de celebración do día do centro comezará ás 12.00 horas no Salón de Graos coa presenza do reitor Antonio López e o decano da Facultade de Relacións Laborais, Jesús F. Salgado Velo.

Ademais da conferencia, nese acto farase entrega ao estudantado gañador dos premios Profesor Javier Marañón a quen represente mellor os valores sociais e académicos da Facultade e da profesión, o Elisabeth Suárez ao mellor expediente académico do curso 2023/24 e os Profesor Joaquín Vidal Portabales aos mellores Traballos Fin de Grao. Tamén se entregan os da II Edición dos Premios á Excelencia Académica do Profesorado.

The contents of this page were updated on 04.11.2025.