Skip to main content

Simposio ‘Vida, biografías, bioficcións’ de Rosalía de Castro

28.04.2025-30.04.2025

Salón de Graos

Detalle do cartel do simposio
Detalle do cartel do simposio

Vida, biografías, bioficcións é o título do primeiro simposio que organiza a Cátedra Rosalía de Castro da USC, que botou a andar este mes de abril con varias iniciativas culturais. O encontro desenvolverase no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC entre os días 28 e 30 de abril.

Logo da inauguración a cargo do reitor Antonio López, Francisco Rodríguez será quen dea comezo ás sesións académicas coa conferencia inaugural Rosalía de Castro: unha biografía asombrada, unha obra luminosa.

A partir de aí, o simposio estrutúrase en tres paneis e catro mesas redondas, ademais de dúas conferencias. Biografía e construción autorial da escritora; Novidades biográficas no estudo da súa figura e o Fondo María Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda da USC son as temáticas dos paneis. Pola súa banda, as mesas de debate tratarán a Rosalía no cine e a Rosalía ilustrada, celebridades literarias galegas no biopic contemporáneo e bioficcións rosalianas neste século, con atención a poesía, teatro e narrativa.

O programa do encontro complétase cunha conferencia do director da Casa Rosalía, Anxo Angueira, e a clausura a cargo do profesor Xesús Alonso Montero sobre o arquivo rosaliano de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda.
 

The contents of this page were updated on 04.25.2025.