Un ouro e un quinto posto selan a participación da USC no Campionato de España Universitario de Karate

Eva Rodríguez Loredo obtivo a medalla de ouro no Campionato de España Universitario de Karate que a Universidade de Alcalá acolleu do 25 ao 26 de abril. Ademais, tamén en representación da USC, Adrián Barcia Mosquera logrou a quinta posición na súa categoría. Rodríguez Loredo competiu na modalidade Kumite Senior Fem -55 kg, mentres que Barcia Mosquera fíxoo na Kumite Senior Masc -75kg.
O éxito da representación da USC en Karate engádese á da delegación de Judo, cando Sabela Lage Rivera e José Iglesias Rodríguez acadaron medalla de bronce nas categorías de -78 kg e -90 kg, respectivamente, do Campionato de España Universitario de Judo que se desenvolveu en Pozuelo de Alarcón o pasado 11 de abril. Ademais, Fabiola Fernández García, na categoría de +78 kg, quedou en quinta posición. Completaron o equipo Marta Plaza Pedre, Carlos Infanzón Ocampo e Lucas Santamaría González.
