05.30.2025 | 11.30h
Salón García do Concello de Vilagarcía

O Programa Universitario de Maiores IV Ciclo da USC celebrará o 30 de maio en Vilagarcía de Arousa o seu acto de diplomatura, que contará coa presenza da vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias. A cita será ás 11.30 horas no Salón García do Concello arousán, sendo esta a primeira vez que se desenvolve nesta sede.
O IV Ciclo Universitario é unha oferta educativa da Universidade específica para estudantado maior de 50 anos, con independencia do seu nivel educativo previo, para dar resposta á crecente necesidade de formación que existe en Galicia entre persoas de idade avanzada. A USC foi pioneira en ofertar este tipo de formación para persoas maiores.