05.08.2025 | 10.30h-13.00h

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus Terra da USC acolle este xoves, 8 de maio, a xornada 'A túa vocación está na terra: o teu futuro na Enxeñaría Agrícola Forestal'. A partir das 10.30 horas botarán a andar unha serie de relatorios nos que se exporá o punto de vista tanto de persoas egresadas desta titulación, como de profesorado e de diversos colexios profesionais.