- Entity
- Intecmar
- Application start date
- Application end date

Proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Intecmar, pola quenda de acceso libre, polo procedemento de concurso-oposición.
Requisitos:
-Grao ou equivalente en Bioloxía
-Acreditación de estar en posesión do Celga 4
Funcións do posto: Baixo a dependencia da dirección do Intecmar coa que deberá
colaborar e cooperar, corresponderanlle as seguintes funcións:
- Responsabilidade técnica da Unidade de Microbioloxía e Viroloxía nas auditorías,
internas e externas, para manter a acreditación de ENAC nas técnicas de ensaio
empregadas na unidade, segundo a Norma UNE-EN ISO/IEC 17025.
- Aprobación dos informes de ensaio de Microbioloxía e Viroloxía.
- Desenvolvemento e validación de novos métodos de ensaio.
- Avaliación de resultados analíticos.
- Responsabilidade das opinións e interpretacións técnicas da Unidade de Microbioloxía e
Viroloxía.
- Responsabilidade na planificación de ensaios e calibracións.
- Manexo de equipos.
- Responsabilidade da organización do persoal asignado á súa Unidade.
- Responsabilidade última de todas as operacións técnicas da Unidade.
- Elaboración e aprobación de documentos específicos da Unidade.
- Xestión e participación de proxectos tanto nacionais como internacionais de interese
para o INTECMAR.
- Todas aquelas funcións e responsabilidades do Manual de Calidade e Procedementos
xerais, que sexan atribuídas á xefatura da Unidade, así como a substitución da xefatura
da Unidade de Patoloxía, cando proceda.