Skip to main content

Usos docentes

O uso do galego na docencia dos graos no curso 2024-2025, segundo os datos do POD que consignades en XesCampus, é do 25,40 % sobre o cómputo de horas de docencia global, mentres que o do castelán foi dun 70,50 %. A porcentaxe de docencia en galego é a máis alta dos últimos anos.

porcentaxe de docencia en galego
Porcentaxe de docencia en galego

Hai titulacións en que se usa o galego e o castelán dun xeito máis ou menos equilibrado e outras en que o alumnado practicamente non recibe nin unha soa aula na nosa lingua. Daquela, dificilmente vai aprender competencias lingüísticas profesionais e non se favorece a aparición ou consolidación de actitudes positivas tamén cara ao galego.

Podedes comprobar aquí canta docencia en galego reciben os alumnos e alumnas das vosas titulacións.

Se queredes botar unha man para que as cousas vaian mudando, axudámosvos. 

The contents of this page were updated on 05.14.2025.