
Hai titulacións en que se usa o galego e o castelán dun xeito máis ou menos equilibrado e outras en que o alumnado practicamente non recibe nin unha soa aula na nosa lingua. Daquela, dificilmente vai aprender competencias lingüísticas profesionais e non se favorece a aparición ou consolidación de actitudes positivas tamén cara ao galego.
Podedes comprobar aquí canta docencia en galego reciben os alumnos e alumnas das vosas titulacións.
Se queredes botar unha man para que as cousas vaian mudando, axudámosvos.