Skip to main content

A Facultade de Bioloxía, galardoada como Institución do Ano polo Colexio Oficial de Biólogos de Galicia

O decano da Facultade de Bioloxía da USC, Jesús López Romalde, agradeceu o galardón. Foto: Fuco Reyes
O decano da Facultade de Bioloxía da USC, Jesús López Romalde, agradeceu o galardón. Foto: Fuco Reyes
Recolleu o premio en A Toxa o seu decano, Jesús López Romalde

“É unha honra recibir un recoñecemento que dá mostra da relación fluída e das múltiples colaboracións que se están a desenvolver co Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) en beneficio do noso estudantado e do colectivo de persoas egresadas do noso centro”. Con estas verbas recibía Jesús López Romalde, decano da Facultade compostelá de Bioloxía, o galardón á Institución do Ano do Colexio, que comparte ex aequo coas outras dúas facultades do SUG, a de Bioloxía da UVigo e a de Ciencias da UDC.

No Día do/a Biólogo/a que o COBGA celebrou na Toxa (O Grove), esta entidade quixo recoñecer o papel fundamental das tres facultades na formación, promoción e consolidación da profesión en Galicia, así como unha traxectoria continuada de apoio institucional, académico e científico ao Colexio e ao conxunto da comunidade profesional da Bioloxía.

Romalde, xunto coas persoias responsables da UVigo (no centro) e da UDC. Foto: Fuco Reyes
Romalde, xunto coas persoias responsables da UVigo (no centro) e da UDC. Foto: Fuco Reyes
The contents of this page were updated on 05.19.2025.