- Entity
- Axencia de Turismo de Galicia
- Application start date
- Application end date

A Axencia de Turismo de Galicia convoca dúas bolsas de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación da Axencia, para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística.
Requisitos:
- Ter nacionalidade española ou ser nacional de calquera Estado membro da Unión Europea.
- Estar en posesión dunha titulación superior (calquera).
- Ter rematados os estudos no ano 2020 ou posterior.
- Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.
- Non gozar na actualidade de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego ou a renda activa de inserción para desempregados.
- Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.
Distribución das bolsas:
- Unha bolsa relacionada co ámbito da ciencia de datos.
- Unha bolsa relacionada co ámbito da comunicación de datos turísticos.
O lugar de realización das prácticas tuteladas destas bolsas será nas oficinas da Axencia de Turismo de Galicia.
Duración: O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2025 a 2027, cunha duración máxima de 24 meses contados a partir da data de incorporación das persoas bolseiras que será, previsiblemente, o 1 de xullo de 2025.