- Entity
- Ministerio de Cultura
- Application start date
- Application end date

11 bolsas "Culturex" de formación práctica en xestión cultural para mozas e mozos españois, en institucións culturais de recoñecido prestixio no exterior e en representacións diplomáticas, correspondentes ao ano 2025-2026
Requisitos:
- Ter a nacionalidade española.
- Estar en posesión dunha titulación académica oficial de licenciatura ou grao universitario.
- Estar en posesión dun título de máster ou doutoramento en áreas de xestión cultural. Tamén se aceptarán para as bolsas na Representación Permanente de España ante a Unión Europea e na Delegación Permanente de España ante a UNESCO títulos de posgrao en Relacións Internacionais.
- O ano de obtención do título de máster ou doutoramento non debe ser anterior a 2018.
- Acreditar, mediante titulación oficial, o nivel de competencia no idioma requirido para o destino solicitado.
- Non cumprir os 35 anos no momento de finalización do prazo de presentación desolicitudes.
- Non ser beneficiario/a de unha bolsa CULTUREX en convocatorias anteriores nin renunciar a esta unha vez aceptada a súa concesión.
Remuneración:
O importe mensual dependerá do destino da bolsa:
- Destinos en Londres e París: importe bruto mensual de 2.500,00 €.
- Destino en EE.UU.: importe bruto mensual de 3.500,00 €.
- Destino en México DF: importe bruto mensual de 2.200,00 €.
- O resto dos destinos europeos: importe bruto mensual de 2.000,00 €.
O Ministerio de Cultura contratará un seguro de accidentes e de asistencia médica primaria para cada persoa bolseira.
Ofértanse destinos nas seguintes institucións culturais de recoñecido prestixio e na Delegación Permanente de España ante a UNESCO e a Representación Permanente de Españaante a Unión Europea:
- Ars Electronica (Linz, Austria). 1 praza. Do 1 de outubro de 2025 ao 30 de setembro de 2026.
- BOZAR (Bruxelas, Bélxica). 1 praza. Do 1 de outubro de 2025 ao 31 de agosto de 2026.
- Frankfurter Buchmesse (Frankfurt, Alemaña). 1 praza. Do 1 de outubro de 2025 ao 31 de xullo de 2026.
- Centre Pompidou (París, Francia). 1 praza. Do 1 de outubro de 2025 ao 31 de agosto de 2026.
- Hai Festival of Literature & The Arts (Londres, Reino Unido). 1 praza. Do 1 de outubro de 2025 ao 31 de agosto de 2026.
- Real Academia de España en Roma, Italia. 2 prazas. Do 1 de outubro de 2025 ao 31 de xullo de 2026.
- Delegación Permanente de España ante a UNESCO (París, Francia). 1 praza. Do 1 de outubro de 2025 ao 31 de xullo de 2026.
- Representación Permanente de España ante a Unión Europea (Bruxelas, Bélxica). 1 praza. Do 1 de outubro de 2025 ao 31 de xullo de 2026.
- Centro Nacional das Artes (Cidade de México, México). 1 praza. Do 1 de outubro de 2025 ao 31 de agosto de 2026.
- Smithsonian National Museum of the American Indian (Washington, DC, EE. UU.). 1 praza. Do 1 de outubro de 2025 ao 31 de agosto de 2026.