- Entity
- Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
- Application start date
- Application end date

Convocatoria de catro prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2025 nos centros de estudos galegos localizados nas universidades Christian-Albrechts-Universität zu Kiel, Universidade do Minho, University of Oxford e Uniwersytet Warszawski.
Requisitos:
- Nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea.
- Poderá solicitar calquera das prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
- Licenciatura en Filoloxía Galega.
- Licenciatura en Filoloxía Románica.
- Grao en Lingua e Literatura Galegas.
- Grao en Estudos de Galego e Español.
- Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios.
- Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española.
- Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
- Tamén se poderá presentar quen estea en posesión dalgunha das titulacións da Área de Humanidades ou da Área de Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que, como mínimo, acredite 18 créditos de lingua galega e estea en posesión do Celga 4 e 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
- Ademais da titulación académica exixida, para poder solicitar a praza da Universidade de Varsovia, deberá estar en posesión de estudos de posgrao (máster) en áreas afíns ás mencionadas, sempre que teña unha especialización en galego.
Retribucións íntegras anuais:
- Universidade de Kiel: 20.964,90 euros
- Universidade do Minho: 15.880,40 euros
- Universidade de Oxford: 41.614,00 euros
- Universidade de Varsovia: 15.325,44 euros