- Entity
- Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
- Application start date
- Application end date

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca seis bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos nas universidades do Algarve, Autònoma de Barcelona, Granada, Universitat de Barcelona, Universidade do Estado do Río de Janeiro e Sveučilište u Zadru de Zádar.
Requisitos:
- Nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea.
- Poderá solicitar as prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
- Licenciatura en Filoloxía Galega.
- Licenciatura en Filoloxía Románica.
- Grao en Lingua e Literatura Galegas.
- Grao en Estudos de Galego e Español.
- Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios.
- Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española.
- Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.
- Tamén se poderá presentar quen estea en posesión dalgunha das titulacións da área de Humanidades ou da área de Ciencias Sociais e Xurídicas, sempre que, como mínimo, acredite 18 créditos de lingua galega e estea en posesión do Celga 4 e, no caso de universidades de fóra de España, 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.
Importe íntegro mensual das bolsas:
- 1.225,00 €, para aqueles lectorados localizados en universidades españolas.
- 1.378,00 €, para aqueles lectorados localizados en universidades estranxeiras.