Skip to main content

Apertura do 'Curso de Formación Específica en Cálculo de Estruturas de Madeira 2025'

06.05.2025 | 12.00h

O 'Curso de Formación Específica en Cálculo de Estruturas de Madeira 2025', subvencionado pola Axencia Galega da Industria Forestal, bota a andar este xoves 5, ás 12.00 horas, no Laboratorio Pemade da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC. A directora do centro, Rosa Romero, e o director de Pemade, Manuel Guaita, darán a benvida ao estudantado matriculado xunto a Alfredo Fernández, director da Axencia. Logo do acto, levarase a cabo unha visita das instalacións realizada polo profesor Guaita. 

The contents of this page were updated on 06.05.2025.