Skip to main content

Presentación de Re—USC

07.11.2025 | 11.00h

Tenda da USC

A nova marca da Tenda da Universidade, que combina reciclaxe con acción social

A presentación será na Tenda da USC. Foto: Santi Alvite
A presentación será na Tenda da USC. Foto: Santi Alvite

A USC lanza a marca Re—USC, un proxecto téxtil no que se lle dá un segundo uso a telas e lonas de exposicións e outras actividades universitarias elaborando bolsas/tote e mochilas.

Con Re—USC a USC non só mostra un forte compromiso co medio ambiente, reciclando e reutilizando materiais, senón que tamén engade unha importante dimensión social, xa que o proxecto nesta ocasión conta coa entidade sen ánimo de lucro compostelá Arraianas, coa que se asinou un contrato. Esta asociación conta cun taller de costura no marco dun proxecto de integración social e foron as 12 mulleres migrantes que participan nel as encargadas de deseñar e confeccionar as pezas, nunha acción dirixida por Patricia Núñez, de ‘O faiado de Nin’.

O proxecto preséntase o venres 11 ás 11.00 horas na Tenda da Universidade (Colexio de Fonseca) nun acto no que intervirán a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias; o xerente da Fundación USC, Óscar Hermida; Pilar Fernández, unha das responsables da Asociación Arraianas, e Diana Viveros, unha das mulleres do curso de costura.

Lonas de Cultura

Re—USC, marca deseñada polo técnico do Servizo de Reprografía da USC Alberto Rodríguez, bota a andar con 60 pezas únicas, elaboradas coas lonas cedidas pola Vicerreitoría de Cultura das exposicións ‘José Rodríguez. O matemático de Bermés’, ‘Deber de Baltar. Medicina e Compromiso’ e ‘Dona Emilia e Compostela’ así como da 
III Feira de Emprendedoras de Compostela 2021.
 

The contents of this page were updated on 07.09.2025.