Skip to main content
A asociación AFAN Burela desenvolve a súa actividade dende o ano 2015 nun local cedido polo Concello de Burela onde establece a súa sede e crea unha Unidade de Respiro Familiar con 10 prazas na que atenden as necesidades tanto das persoas usuarias como dos seus familiares e socias/os.

AFAN Burela é unha asociación sen ánimo de lucro que xorde no ano 2013 para proporcionar un tratamento integral a persoas enfermas de Alzheimer e outras demencias en fase leve e/ou moderada a través de diferentes programas e servizos co fin de mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias, así como promover a divulgación, desestigmatización e sensibilización destas patoloxías na sociedade.

Os principais valores de AFAN Burela son a solidariedade, o respecto á dignidade das persoas enfermas, a atención centrada na persoa, a empatía, a profesionalidade, transparencia, calidade e compromiso social.

The contents of this page were updated on 09.01.2025.