AFAN Burela é unha asociación sen ánimo de lucro que xorde no ano 2013 para proporcionar un tratamento integral a persoas enfermas de Alzheimer e outras demencias en fase leve e/ou moderada a través de diferentes programas e servizos co fin de mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias, así como promover a divulgación, desestigmatización e sensibilización destas patoloxías na sociedade.
Os principais valores de AFAN Burela son a solidariedade, o respecto á dignidade das persoas enfermas, a atención centrada na persoa, a empatía, a profesionalidade, transparencia, calidade e compromiso social.
Programa de Estimulación Cognitiva
Apoio na realización de actividades de estimulación cognitiva: exercicios de memoria, linguaxe, cálculo, percepción orientación á realidade, musicoterapia, actividade física, manualidades e laborterapia.
- Horario: luns a vernes, de 10 a 13 h. e de 16 a 19 h.
- Prazas: 1
Programa de Apoio nas ABVD
Apoio nas actividades básicas da vida diaria: mobilización, vestido, axuda na toma de líquidos, coidado persoal e asistencia na hixiene persoal.
- Horario: luns a venres, de 16 a 19 h.
- Prazas: 1
Programa de Atención psicolóxica individual e grupal
Apoio nas actividades de apoio emocional a familiares, colaboración en grupos de axuda mutua, xornadas informativas e acompañamento.
- Horario: luns a venres, de 16 a 19 h.
- Prazas: 1
Programa de Actividades comunitarias
Apoio en andainas solidarias, cursos de formación para coidadoras/es e xornadas divulgativas á poboación xeral e escolar sobre o Alzheimer e outras demencias.
- Horario: luns a venres, de 16 a 19 h.
- Prazas: 1