07.23.2025 | 13.30h
Salón Nobre

O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, preside o mércores 23, ás 13.30 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca o acto de Recepción ao PTXAS e PDI xubilado no curso 2024-2025.
Con este acto a USC quere recoñecer a traxectoria profesional dos 107 membros do profesorado e do persoal técnico de xestión e administración de servizos que se xubilaron no curso académico que agora remata.